Evento
Cambados - Crea un servizo privado de almacenamento na nube
Data Inicio: | 31/05/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 31/05/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Cambados | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Neste obradoiro analizaremos a tecnoloxía de Cloud computing, incidindo nas súas vantaxes e inconvenientes. Repasaremos os múltiples servizos que podemos implementar coa tecnoloxía de Cloud computing, parándonos no servizo de almacenamento distribuído. E como exemplo implantaremos unha instancia de NextCloud, gozando das múltiples opcións e posibilidades que nos ofrece este software gratuíto. Índice de Contido: 1.- Que é Cloud computing? 2.- Características de Cloud computing. 3.- Vantaxes e desvantaxes de Cloud computing. 4.- Servizos de Cloud computing. 5.- Exemplo práctico: NextCloud nosa nube privada. O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse