Evento
Barro-Meis - Que é o Internet das Cousas? Introdución e aplicacións
Data Inicio: | 24/04/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 24/04/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Neste obradoiro aproximarémonos ao mundo do IoT. Describiremos que é, cales son as súas características e os elementos que interveñen. Co fin de aproximar esta tecnoloxía aos usuarios, farase unha pequena demostración. Índice de contidos: - Que é IoT? - Manifesto IoT de Arduino. - Elementos que interveñen en IoT. - As tres preguntas para calquera proxecto IoT. - Pequena demostración práctica. O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse