Evento
Ponteareas - Marketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva
Data Inicio: | 24/04/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 24/04/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Na actualidade, dado o gran número de competidores grazas á globalización e accesibilidade que permite internet, as empresas necesitan chegar ao consumidor dunha maneira intelixente e emotiva para diferenciarse do resto. O Márketing de contidos busca atraer e reter aos clientes potenciais ofrecéndolles contido interesante e valioso co que sentan identificados e xeren unha empatía cara á marca. O taller céntrase nos aspectos que se deben ter en conta para postear nun horario adecuado ao cliente, ver de que maneira hai que dirixirse a el ou coidar os detalles de cada publicación para lograr a maior taxa de engagement posible. Índice de contidos Que é o márketing de contidos? Vantaxes de realizar unha estratexia baseada no márketing de contidos Formatos e horarios óptimos A importancia de ter un timming mensual Conclusións"" O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse