Evento
Lalín - Sácalle partido á túa conta de Gmail
Data Inicio: | 05/04/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 05/04/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Lalín | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Neste obradoiro aprenderemos a sacarlle moito máis partido á nosa conta de Google, xa que non só é unha conta de correo baixo o dominio gmail.com, senón que desde a versión web de Gmail se poden xestionar todas as contas de correo que queiramos, incluso as corporativas da nosa organización. Ademais, esta ferramenta pode ser a nosa base de datos de clientes, xa que dispón dunha axenda de contactos moi áxil e robusta. Todo isto está accesible a través da nube, desde calquera parte e en calquera momento. Índice de contidos • A miña conta de correo de Gmail • Gmail versión web como xestor de contas de correo electrónico Configuro para recibir e enviar correos desde as contas que queira • Xestiono os meus emails de empresa • Configuro as miñas firmas corporativas nos correos • Axenda de contactos que me facilita a comunicación con provedores e clientes • Configuración de contas en IOS e Android O obradoiro será impartido por Ángel Garrido, Técnico de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, especializado en deseño web, seo, sem, analítica, redes sociais e branding con máis de 4 anos de experiencia en asesoramento TIC. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse