Evento
Pontevedra - Márketing gastronómico, que é e como pode axudarche no teu negocio
Data Inicio: | 21/03/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 21/03/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Este é un termo que nos acompaña desde hai uns anos, pero, ¿en que consiste verdadeiramente o Márketing Gastronómico? Son todas aquelas ferramentas de márketing adaptadas a un sector complexo e en constante cambio como é a hostalería. Aprenderemos cales son esas ferramentas e veremos como axustalas á nosa realidade. Índice de contidos . Que é o Márketing Gastronómico . Método para levar adiante un plan de márketing . Comunicación: non só hai que ser bo, tamén parecelo Este taller será impartido por Elena Vitoria, CEO da empresa Cartablanca Consultoría Gastronómica que desenvolve a súa actividade no asesoramento, formación e reciclaxe de modelos de negocio de hostalería e gastronomía e creación de novos produtos gastronómicos. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse