Evento
O Porriño - Facebook para non iniciados
Data Inicio: | 15/03/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 15/03/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Este obradoiro ten como obxectivo amosar como crear e xestionar unha páxina profesional en Facebook desde cero. Dirixido a profesionais que non dispoñen de fan page e/ou que empregan un perfil persoal en vez dunha páxina de empresa. Índice de contidos • Que é Facebook? • Como facer un uso profesional de Facebook • Perfil, grupos e páxinas de Facebook. Diferenzas e utilidades • Crear unha páxina en Facebook • Configuración e xestión da nosa páxina • Crear público, crear publicacións, crear fitos e ofertas e crear eventos. • Ferramentas de publicación e estatísticas O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse