Evento
Pontevedra - Fotografía de vehículos para a súa venda online
Data Inicio: | 08/03/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 08/03/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Neste taller aprenderás as cuestións básicas para fotografar un vehículo cun móbil ou unha cámara profesional en modo manual. Coñecerás tamén que hora do día é a mellor para fotografalos así como o proceso dixital para eliminar brillos. Na fase final do taller aprenderase como adaptar a imaxe a formato web e deste modo mellorar a súa visualización e carga unha vez publicada. Índice de contidos Preparar o vehículo para a sesión fotográfica. Coñecementos básicos de fotografía para o móbil e cámara profesional. A localización ¿Que fondo usar para que o coche destaque? O foto reportaxe ¿Cantas fotografías tomar e que planos usar para describir un vehículo? Os mellores momentos do día e por que. Que é o raw , e por que é necesario. Retoque dixital – Horquillado e HDR para mellorar a exposición Preparación de la foto para subila a internet. Práctica. O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse