Evento
Cambados - Mellora a calidade das túas imaxes con editores online
Data Inicio: | 28/02/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 28/02/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Cambados | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Neste obradoiro móstranse as pautas para retocar as imaxes para páxina web e redes sociais desde o teléfono móbil . Ademais veremos como mellorar o momento da captura da imaxe para ter arquivos de maior calidade no retoque. Usaranse ferramentas gratuítas dispoñibles para iOs e Android: SnapSeed e Polarr Photo Editor. É necesario telas instaladas previamente para poder realizar as prácticas deste obradoiro. Índice de contidos • Introdución: débese retocar? • Axudemos ao noso móbil para conseguir un bo arquivo para retocar. • Práctica: Fotografar un bodegón co móbil. • SnapSeed : Ver o histograma e entendelo. • Axustar a imaxe valorando o histograma ( luz, contraste , sombras..) • Transformar a imaxe ( cortar, dar relación de aspecto e rotar ) • Corrección de imperfeccións coa ferramenta tirita. • Edición puntual , o segredo dun bo retoque. • Gardar arquivo editable e arquivo final. • Polarr Photo Editor : exportar a un tamaño preestablecido e engadir marca de auga nas nosas fotografías. O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse