Evento
Pontevedra - Guía de boas prácticas para redes sociais
Data Inicio: | 24/01/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 24/01/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Hoxe en día ninguén pon en dúbida que as Redes Sociais son un fenómeno sociolóxico que cambiaron a nosa maneira de comunicarnos. Por tanto, o noso negocio non debe ser alleo a iso, pero debemos establecer e seguir certas normas á hora de utilizalas desde o punto de vista profesional. Neste obradoiro daranse as pautas para contar cunha exitosa estratexia en redes sociais como ferramenta de comunicación para o noso negocio. Índice de contidos Por que necesito unha guía de boas prácticas en Redes Sociais? Uso persoal vs. uso profesional Aspectos a ter en conta Exemplos de manuais corporativos de boas prácticas O obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse