Evento
O Porriño - Ferramentas de google para a promoción de negocios locais
Data Inicio: | 25/01/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 25/01/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
O obxectivo deste taller é dar a coñecer dúas ferramentas de Google, enfocadas a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. Google My Business e Google Adwords Express están pensados para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Geolocalización e as procuras que os seus potenciais clientes poidan facer, empregando o buscador de Google. Índice de contidos • Google My business o Que é? o Servizos que oferta o Como funciona? o Vantaxes • Google Adwords Express o Que é? o Como funciona? o Vantaxes • Diferencias entre Google Adwords e Google Adwords Express • Custo destes servizos O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse