Non deixes en «Visto» as túas vendas

Data Inicio:  24/09/2026 12:00    
Data Fin:  24/09/2026 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Respondes aos comentarios do teu negocio coma se fores unha máquina ou déixalos en visto? Responder en redes sociais non é atención ao cliente tradicional; é unha ferramenta de venda psicolóxica. Aprenderás a estruturar as túas mensaxes para espertar interese, pechar vendas en mensaxes privadas e desactivar críticas negativas en público con elegancia. Utilizando só ferramentas 100% gratuítas (Instagram e WhatsApp Business), transformarás cada interacción noutra oportunidade de negocio.

Índice de contidos:
1. Introdución: O fenómeno dos 100 clientes silenciosos.
2. A psicoloxía da marca. Identidade, nicho e ton de voz.
3. A técnica da ponte. Como vender en comentarios sen parecer pesado.
4. Protocolo E.D.S. Xestión de crises, críticas e haters.
5. Automatización intelixente. Respostas rápidas a coste cero.

O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.
Url do Evento: https://forms.gle/bAwZHH1itxbdR36C6
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos