Affinity by Canva V - Exportacion maestra

Data Inicio:  19/01/2026 12:00    
Data Fin:  19/01/2026 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Canso de perder tempo con arquivos pesados ou erros de imprenta que custan cartos? Neste obradoiro aprenderás a profesionalizar o teu fluxo de traballo en Affinity, desde a organización ata a entrega final. Dominarás a optimización para web, o arte final para imprenta e sistemas de nomenclatura que eliminan o caos. Non só aprenderás a exportar; aprenderás a ser un deseñador máis rendible, rápido e eficiente. Menos erros, máis beneficios.

Índice de contidos:
1. Organización do fluxo de traballo
2. Optimización para web
3. Arte final para imprenta
4. Sistemas de nomenclatura
5. Exportación eficiente

O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.
Url do Evento: https://forms.gle/aoTMLFK4W7mb4Yw2A
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse