Deseño 3D para PYMEs: transforma o teu negocio dende dentro

Data Inicio:  11/11/2025 11:00    
Data Fin:  11/11/2025 12:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro en liña a través de Zoom.

Descubre como o deseño industrial pode axudarche a mellorar os procesos, comunicar ideas e fortalecer o teu negocio. Analizaremos exemplos da vida real e estratexias para aplicar o deseño 3D en diferentes sectores.

Índice de contidos:
1. Que é o deseño industrial e por que é estratéxico?
2. Aplicacións do deseño 3D centradas en diferentes sectores.
3. Casos de uso prácticos en pemes.
4. Como o deseño pode mellorar os procesos internos.
5. O deseño como ferramenta de comunicación e propiedade intelectual.
6. Primeiros pasos para incorporar o deseño industrial á túa empresa.
7. Recursos e ferramentas.

O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro de Desenvolvemento Industrial Informatizado) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é licenciado en Administración de Redes e Sistemas.
Url do Evento: https://forms.gle/vCx6ZgJrEh3XqZ5Q9
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse