Evento
O teu negocio nas redes sociais: máis visibilidade, máis clientes.
| Data Inicio: | 10/06/2025 20:30 | ||
| Data Fin: | 10/06/2025 22:00 | Duración: | 1:30 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Este obradoiro é presencial en ACIPOR (Pza. do Concello, 4 2º A - 36400 - O Porriño) Cres que poderías chegar a máis persoas coa túa empresa, pero non sabes que publicar nas redes sociais? Queres estar presente, pero sen perder o tempo nin complicar as cousas? Este obradoiro darache claridade e ferramentas para comprender que contido funciona, como xerar ideas sen estrés e como comunicar o que ofreces dun xeito atractivo. Sen tecnicismos nin fórmulas máxicas. Xusto o que realmente necesitas para destacar nas redes sociais e atraer máis clientes á túa empresa. 1-Introducción ao obradoiro 2-A base: o teu negocio e a túa mensaxe 3-Redes sociais: como funcionan e por que importan 4- Estratexia de contidos sen estrés 5-O teu calendario de contido sinxelo e eficaz 6-Como comunicarse dun xeito atractivo e auténtico 7-Planifica as túas próximas semanas 8-Peche e seguintes pasos O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, licenciada en Administración e Dirección de Empresas con foco en mercadotecnia e xestión comercial pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Tecnoloxías da Información Xestora pola Universidade da Coruña. Ten máis de oito anos de experiencia en deseño web, desenvolvemento e xestión de proxectos. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/A7twrXktgDMHw9AJ7 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse