Evento
Programación con Arduino Módulo I - Parte I
Data Inicio: | 18/04/2024 10:30 | ||
Data Fin: | 18/04/2024 13:30 | Duración: | 3:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Taller telemático vía Zoom. O obxectivo do itinerario é iniciarse e adquirir unha certa fluidez cunha das linguaxes de programación máis populares na actualidade como é Arduino, o que farémolo desenvolvendo unha serie de obradoiros teóricos en liña e a realización de obradoiros prácticos para experimentar o aprendido desenvolvendo montaxes como; a programación dunha man mecatrónica, un brazo robótico ou un sistema hidropónico. O itinerario completo é de 24 horas de formación, 12 teóricas e 12 prácticas. Divídese en dous módulos: -Programación con Arduino Modulo I; Consta de 3 obradoiros, 2 deles teóricos en liña de 3 horas de duración cada un e 1 obradoiro práctico presencial de 4 horas de duración. Así, un total de 10 horas formativas. -Programación con Arduino Modulo II; Consta de 4 obradoiros, 2 deles teóricos en liña de 3 horas de duración cada un e 2 obradoiros prácticos presenciais de 4 horas de duración cada un. Así, un total de 14 horas formativas. Índice: Programación con Arduino Module I.I (3 horas): -Que é Arduino? Placas Arduino -Pin dixital e pin analóxico -Sensores e actuadores -Entorno de programación Arduino IDE -Modo Pin, DigitalWrite, Delay -Primeiro programa, LED parpadeando -For loop, variables -Segundo programa, semáforo -Arduino IDE, sintaxe de programación II -Pin dixital, pin analóxico II -Led, Pulsador, LDR O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo obradoiros formativos. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/3n8yaxPv1sajJKA97 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse