Como sacarlle partido ao Instagram do teu aloxamento

Data Inicio:  12/03/2024 11:00    
Data Fin:  12/03/2024 12:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

En España hai 20 millóns de usuarios de Instagram que pasan unha media de case unha hora na aplicación consumindo fotos e vídeos.
Se tes unha casa rural, vivenda turística ou un pequeno hotel podes utilizar esta rede ao teu favor para chegar a máis clientes.

Neste obradoiro falaremos de:

1. Como funciona o algoritmo de Instagram e como utilizalo ao noso favor
2. Como facer Stories e para que sirven
3. Que é un Reel e como funcionan
4. Vender a través de Instragram Shop
5. Outras ferramentas: Instragram Guides

O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital
Url do Evento: https://forms.gle/zvPBrtapDSi2PwFc9
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse