Infraestrutura dixital. Canto custa enviar un WhatsApp?

Data Inicio:  25/01/2024 11:00    
Data Fin:  25/01/2024 12:30 Duración:  1:30
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Todos utilizamos a tecnoloxía para levar a cabo as nosas actividades empresariais ou persoais a diario: redes sociais, comercio electrónico, criptomonedas, transmisión en liña, correo electrónico, realidade virtual e agora tamén a Intelixencia Artificial. O obxectivo deste taller é dar a coñecer ao usuario a infraestrutura necesaria para que toda esta tecnoloxía funcione, pero tamén crear conciencia sobre o elevado custo económico e ambiental que implica o uso diario de toda esta tecnoloxía.

Índice de contidos:
- Que é a infraestrutura dixital?
- Que é un centro de datos?
- Tecnoloxías e empresas que usan centros de datos
- Canto custa enviar un WhatsApp?
- Pros e contras dos centros de datos

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Url do Evento: https://forms.gle/UEXKbWKneTrKwP8g8
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse