Evento
O Porriño - Como ser eficiente na organización do teu tempo: trello e toggl
Data Inicio: | 10/10/2017 19:00 | ||
Data Fin: | 10/10/2017 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Este obradoiro ten por obxectivos expor as vantaxes dunha xestión eficaz do tempo de cara a mellora da produtividade laboral, así como dar a coñecer as ferramentas adecuadas para esa xestión do tempo e a organización do traballo. Índice de contidos • Trello • Que é? • Por que empregalo? • Comezando con Trello • Outros xestores de proxectos e tarefas • TOGGL: Contador de tempo O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse