Fuente:
Abrente, a plataforma que conecta o talento galego na moda
Abrente proclámase como o proxecto gañador do reto Impulsa Vigo grazas á súa aposta por conectar e visibilizar o talento creativo galego dentro do sector da moda.
A plataforma Abrente, orientada a impulsar a colaboración entre modelos, marcas, deseñadoras e deseñadores, fotógrafas e fotógrafos e artistas galegos, resultou gañadora do reto Impulsa Vigo, unha iniciativa promovida pola axencia viguesa Esterea para apoiar proxectos innovadores con base na cidade e facilitar o seu salto á contorna dixital.
O proxecto destaca polo seu enfoque colaborativo, ao crear un ecosistema común que pon en valor o talento local e reforza a identidade da moda galega desde unha perspectiva creativa e con propósito. Desde a organización do reto valorouse especialmente a capacidade de Abrente para xerar sinerxías e construír unha proposta sólida baseada na cooperación entre perfís creativos.
O reto Impulsa Vigo enmárcase na celebración do 15.º aniversario de Esterea e reuniu profesionais do ámbito do márketing, da empresa e do emprendemento; consolídase como unha iniciativa que reforza o ecosistema creativo e emprendedor de Vigo e fomenta proxectos con proxección desde Galicia.