Axudas e subvencións
Axudas e subvencións
Beneficiarios: | Pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) |
Entidade: | IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica |
Plazo: | O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 4 de xaneiro de 2016 e rematará o 12 de febreiro de 2016. |
Estado: | Finalizada |
Web: | http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151229/AnuncioO92-171215-0001_gl.html |
Descrición da axuda
Bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.Requisitos
Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
b) Presentar un custo subvencionable superior a 25.000 € e non superior a 500.000 €, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de
concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 €, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.
c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro
de traballo da empresa en Galicia.
Aviso legal
- A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
- A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
- A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.