Axudas e subvencións
Axudas e subvencións
Beneficiarios: | Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes) que sexan sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos e que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto. |
Entidade: | IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica |
Financiación: | A subvención será do 30 % dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas, e do 20 % para as medianas. A subvención será do 50 % dos gastos de colaboracións externas subvencionables para ambas categorías de empresa, pequenas e medianas. Os gastos do organismo intermedio previstos no art. 7.1.c), de existiren, terán a consideración de colaboracións externas. |
Plazo: | O prazo de presentación de solicitudes será de un mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. |
Estado: | Finalizada |
Web: | http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP406 |
Descrición da axuda
Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas.Aviso legal
- A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
- A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
- A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.