Axudas e subvencións
Axudas e subvencións
Beneficiarios: | Poderán ser beneficiarios aquelas sociedades mercantís, que sexan pequenas, medianas ou microempresas que cumpran os seguintes requisitos: a) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia. b) Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de produto financeiro, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo 1. c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25% do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público. |
Entidade: | IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica |
Financiación: | * Importes mínimo e máximo O importe mínimo do préstamo será de 50.000 euros e o máximo de 200.000 euros. En ningún caso superará o 50% do custo do proxecto financiable. * Prazos de amortización e de carencia Establécense dúas modalidades de prazo: a 8 e a 10 anos, ambas con 2 anos de carencia. * Tipo de xuro: -Tipo de referencia: Será a media do Euribor a 1 ano - Marxe adicional: Ata o vencemento final do financiamento bancario complementario, a marxe adicional será de 0,5 puntos porcentuais. Desde o vencemento do devandito financiamento bancario será de 3 puntos porcentuais. O tipo de xuro será do 0% cando resulte negativo. * Garantías: Non se requirirá a achega de garantías adicionais á responsabilidade da sociedade prestameira. |
Plazo: | 31/12/2019 |
Estado: | Finalizada |
Web: | http://www.igape.es/es/component/igpbdaxudas/ficha/IGAP329 |
Descrición da axuda
Apoiar financeiramente a pemes promovidas por emprendedores mediante préstamos a tipos de xuro reducidos, para que acometan os investimentos necesarios para a posta en marcha do negocio en Galicia.Aviso legal
- A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
- A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
- A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.