I Salón de empresarias de Galicia - Actualidade
Actualidade
I Salón de empresarias de Galicia
Data: martes, 18 de outubro de 2016
O vindeiro xoves 20 de outubro celebrarase en Vigo a primeira edición do Salón de Empresarias de Galicia. O acto, que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo, de 8:30 a 19:30, será o primeiro salón destas características en Galicia, e nace da man da directiva de Empresarias de Galicia.
A iniciativa pretende converterse nun punto de visibilidade e promoción da muller no ámbito profesional e social, por medio da creación dun foro de debate participativo aberto a todo o empresariado galego, ao tempo que fai fincapé na creación de redes de contactos entre as e os asistentes.
O evento contará con diversas mesas de debate, con temas como "Arriscando en Feminino", "Empresarias en Tecnoloxía" e "Muller e liderado empresarial", presentación de proxectos de emprendemento liderados por mulleres, relatorios, sesión de networking e outras actividades, tales como unha sesión sobre percuterapia.
Asemade, durante o mesmo farase entrega dos premios Empresarias Galicia. Tamén haberá zonas con stands onde diferentes empresas amosarán os seus produtos e servizos así como espazos solidarios onde se presentaran diferentes accións sociais.
A Deputación de Pontevedra estará presente, dando a coñecer os seus proxectos e servizos relacionados co emprendemento, como o propio proxecto SmartPeme.
As persoas interesadas poden atopar máis información sobre o seu programa nesta ligazón ou adquirir directamente as entradas nesta outra ligazón.
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Abril 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
- Así funciona WhatsApp Business20 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Social Media Listening: descobre que se di de ti nas RRSS25 de xuño de 2024 11:00Máis información