
SmartPeme, a lanzadeira do teu negocio na provincia de Pontevedra
SmartPeme é unha rede de oficinas nas distintas comarcas da provincia de Pontevedra. Contamos con persoal asesor especializado que ofrece información e asesoramento gratuíto para impulsar o teu negocio.
Apúntate os nosos obradoiros e comeza a impulsar o teu negocio
Os nosos obradoiros están deseñados para axudarche a mellorar o teu negocio de forma práctica e sinxela. A través de sesións dinámicas, aprenderás a aplicar ferramentas dixitais, optimizar os teus procesos e gañar visibilidade, con contidos adaptados ás necesidades reais de persoas autónomas e pemes.
Os Nosos Servizos
Redes sociais
Axudámosche a xestionar as túas redes sociais de forma profesional, mellorar os teus contidos e aumentar a visibilidade do teu negocio.
Ferramentas dixitais
Mellora a visibilidade do teu negocio en internet, posiciona a túa marca e atrae nova clientela a través de canles dixitais.
Páxina web
Asesorámoste para crear, mellorar ou actualizar a túa páxina web, adaptala aos teus obxectivos e optimizar a súa presenza en liña.
IA aplicada ao negocio
Axudámosche a integrar ferramentas de intelixencia artificial no teu día a día para automatizar tarefas, mellorar a atención á clientela e optimizar os teus procesos dixitais.
Presenza en liña
Orientámoste no uso de ferramentas dixitais que faciliten o teu traballo diario, melloren a organización e aumenten a eficiencia.
Estratexia dixital
Definimos contigo un plan claro de presenza en liña (obxectivos, canles, contidos e accións para que o teu negocio medre de forma coherente e medible).
Puntos SmartPeme
Actualidade



