Webinar Covid-19: la crisis inesperada. Implicaciones económicas y expectativas de salida - Actualidade
Actualidade
Webinar Covid-19: la crisis inesperada. Implicaciones económicas y expectativas de salida
Data: luns, 13 de abril de 2020

A situación que vivimos actualmente derivada da crise sanitaria do COVID-19, está a ter un impacto relevante no tecido económico a nivel mundial.
A través deste webinar, Smartpeme quere ofrecer ás Pemes e persoas autónomas da provincia unha visión global das diferentes dimensións do impacto económico que está a producir, ademais de trasladarlles desde unha perspectiva práctica e construtiva, cales son os escenarios de saída e volta á normalidade.
Jose María O´Kean é Doutor en Economía pola Universidade de Sevilla, ademais de profesor asociado no IE Business School desde 1991 ata a actualidade.
Nomeado en varias ocasións ao premio ao mellor profesor en distintos programas, alcanzou esta distinción en nove ocasiones.
Colabora de forma habitual con diversas empresas e institucións en proxectos de investigación e impartindo programas de formación, así como analista económico en diferentes medios de comunicación.
Durante este relatorio, expoñerá as claves para afrontar esta nova situación e tratar de mitigar os efectos sobre os negocios da provincia.
Se desexas asistir a este webinar, soamente tes que inscribirche enchendo o seguinte formulario ou a través do teléfono 886 202 020. A entrada é totalmente gratuíta ata completar prazas, esperámosvos!
Fonte: SmartPeme
Rexistro
| « | Novembro 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | |||||
| 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
| 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
| 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Como empregar a IA para facer SEO03 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Ciberseguridade sen complicacións: protexe o teu día a día04 de novembro de 2025 11:00Máis información
- Copywriting I - Redes Sociais05 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Optimiza a túa estratexia de email márketing con Benchmark Email06 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Organiza, planifica e programa os teus proxectos I - Coñece Metricool10 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Deseño 3D para PYMEs: transforma o teu negocio dende dentro11 de novembro de 2025 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento