Sube á nube coa túa peme - Actualidade
Actualidade
Sube á nube coa túa peme
Data: martes, 31 de maio de 2016
Se es unha peme ou autónomo e estabas pensando en incorporar ao teu negocio algún tipo de solución na nube propoñémosche participar no programa de axudas "Sube á nube", cuxo prazo abriu o 18 de maio.
Neste programa, organizado por Red.es e cofinanciado pola Unión Europea, ofrécense axudas de entre 625 euros e 15.000 euros a pemes e autónomos para poñer en funcionamento as solucións na nube.
As persoas interesadas poderedes elixir entre múltiples solucións: desde paquetes de xestión do negocio a nivel contable, plataformas de desenvolvemento en liña ou postos de usuario, con múltiples paquetes de software, ata a simple infraestrutura na nube como servizo, co cal vos poderedes adaptar ás diferentes necesidades do mercado.
A posta en funcionamento desta clase de solucións na nube permite aforros importantes de custos e, asemade, mellora a utilidade con vantaxes coma o acceso remoto e a sincronización continua, co que se incrementa tamén a seguridade da operativa.
O prazo para participar seguirá aberto ata o próximo día 8 de xuño. Para poder solicitar a axuda cómpre ser un autónomo ou unha empresa cuxa actividade sexa anterior á apertura da convocatoria; tanto no primeiro caso coma no segundo, o volume de negocio ha de ser inferior a 50 millóns de euros e o número de empregados ha de ser menor de 250.
Se che interesa obter máis información destas e outras axudas podes consultar o apartado ao respecto na web do CPAE 2.0 facendo clic aquí.
CPAE 2.0
Fonte: CPAE
Rexistro
| « | Novembro 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | |||||
| 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
| 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
| 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Como empregar a IA para facer SEO03 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Ciberseguridade sen complicacións: protexe o teu día a día04 de novembro de 2025 11:00Máis información
- Copywriting I - Redes Sociais05 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Optimiza a túa estratexia de email márketing con Benchmark Email06 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Organiza, planifica e programa os teus proxectos I - Coñece Metricool10 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Deseño 3D para PYMEs: transforma o teu negocio dende dentro11 de novembro de 2025 11:00Máis información