Stories: como chegar aos teus clientes na era do contido efémero - Actualidade
Actualidade
Stories: como chegar aos teus clientes na era do contido efémero
Data: xoves, 03 de outubro de 2019
A importancia do videomarketing combínase aquí con outra das tendencias xa afianzadas neste "mundillo": a presenza innegable dos smartphones á hora de realizar as nosas consultas nos buscadores. Todos accedemos aos nosos móbiles para recibir información inmediata, dunha forma sinxela e rápida, especialmente porque empregamos estes dispositivos mentres realizamos outras actividades.
Trátase de historias fugaces, que só duran 24h, pero que permiten compartir momentos cotiáns coa túa comunidade, sen necesidade de que a foto sexa perfecta, pois desaparecerá nunhas poucas horas. Snapchat foi a pioneira empregando este formato, pero rapidamente Instagram , Whatsapp e Facebook continuaron a súa estela.
Vexamos rapidamente uns datos para comprender a magnitude deste fenómeno. Actualmente, hai 400 millóns de usuarios activos diarios en Instagram Stories e 300 millóns en Facebook Stories. En Snapchat, hai uns 191 millóns e a gañadora é Whatsapp, con 450 millóns de usuarios activos ao día.
Deste xeito, é posible que o formato do futuro non sexa o vídeo ou o texto en si, senón as Stories. Píldoras de información interactiva que poden incluír imaxes, vídeos, pequenos textos, enquisas, GIFs, hashtags, enlaces, xeolocalización ou emoticonos..
As empresas deberán empregar a súa creatividade e capacidade de sintetizar contidos para reter a unha audiencia difícil de cativar e que consume velozmente. A clave é empregar contido efémero pero que sexa atractivo e impacte á vez. Asegurémonos de que sexa interactivo e de que permita ao usuario mergullarse nel. Así, impulsaremos a presenza de marca, conseguiremos máis visibilidade para os nosos produtos ou servizos e, en último termo, melloraremos o número de clics e visitas.
Neste punto, habería que precisar que este tipo de contido rápido nada ten que ver con que a calidade do mesmo sexa baixa. O contido debe resultar útil e aportar valor engadido ao usuario, igual que calquera post. Non debe ser o noso único método de difusión a seguir e podemos combinalo con diferentes tipos de contido, axustado sempre aos nosos obxectivos corporativos e ao noso cliente tipo.
Fonte: SmartPeme