Red.es e AMETIC redobrarán esforzos no afianzamento das empresas en novos mercados - Actualidade
Actualidade
Red.es e AMETIC redobrarán esforzos no afianzamento das empresas en novos mercados
Data: xoves, 20 de marzo de 2014

Red.es e AMETIC (Asociación Multisectorial de Empresas da Electrónica e as TIC) veñen de asinar un acordo que serve de prolongación a unha colaboración que xa vén de 2011 e que, entre outras cousas, servirá para impulsar a internacionalización das empresas do Estado. Así o deu a coñecer o director xeral da entidade público-empresarial, César Miralles, no transcurso da xornada Oportunidades de financiamento para PEME innovadora, organizada precisamente por AMETIC.
O acordo renovado entre ambos os organismos ten o obxectivo de favorecer a actividade externa das empresas tecnolóxicas impulsando a súa participación en proxectos de I+D+i europeos durante os anos 2014 e 2015.
Ademais, traballarase para que as capacidades, necesidades e intereses da industria estatal fiquen reflectidos no segundo programa de traballo Horizonte 2020, un programa do que puidemos coñecer as súas liñas xerais, recentemente, no marco dunha xornada de traballo na Universidade da Coruña (trátase dun plan de financiamento da Unión Europea polo que se investirán nos vindeiros sete anos 70.200 millóns de euros en proxectos de investigación e innovación, tanto en ciencia básica como aplicada e en transferencia de coñecemento á empresa).
Fonte: Codigo Cero
Rexistro
| « | Decembro 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 31 | ||||
- A evolución dos pagos dixitais: Bizum, presente e futuro no eCommerce15 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Ciberseguridade IV - redes: protexe os datos da túa empresa16 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Edita vídeo con Canva: nova interfaz de proba17 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Ciberseguridade V - usuarios: protexe os teus sistemas18 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Transforma o teu negocio en “Pedidos por WhatsApp”19 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Ciberseguridade VI - contas en liña: mantenas a salvo22 de decembro de 2025 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento