Presentado o Informe eEspaña 2014 - Actualidade
Actualidade
« Atrás
Presentado o Informe eEspaña 2014
Data: mércores, 16 de xullo de 2014
Uso de actividades sociais nos teléfonos intelixentes; porcentaxe sobre o total de usuarios de teléfonos intelixentes entrevistados para o estudo
Un ano máis a Fundación Orange publicou o seu informe sobre o desenvolvemento da Sociedade da Información en España, o Informe eEspaña 2014
Algúns datos que cómpre salientar:
- España segue no posto 16 no ránking europeo de desenvolvemento da Sociedade da Información; Suecia ocupa este ano o primeiro posto.
- España sitúase por enriba do 50 por cento canto a poboación que usa o móbil para conectarse a internet, aínda que para o que máis o empregan é para a comunicación social —mensaxería instantánea, redes sociais e correo electrónico—, algo no que imos por diante da Unión Europea.
- España alcanzou tres dos obxectivos que lle fixa a Axenda Dixital Europea para 2015: poboación con acceso a internet de 100 Mbps (un 52 % fronte ó 50 % que era o obxectivo para 2015), poboación con cobertura de conexións mixtas de fibra e coaxiais a casa (un 47 %, que era o obxectivo para 2015) e só un 32,2 de reclamacións por asuntos de fabricación fronte ó 35 % que era o obxectivo de 2015
O que segue sendo un gran fracaso é o DNI electrónico, que só é utilizado por un 0,02% das persoas que o teñen.
http://www.microsiervos.com/archivo/internet/presentado-informe-eespana-2014.html
Fonte: http://www.microsiervos.com
Rexistro
« | Xuño 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Así funciona WhatsApp Business20 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Social Media Listening: descobre que se di de ti nas RRSS25 de xuño de 2024 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento