Premios #PontevedraProvincia, Talento Turístico 2018 - Actualidade
Actualidade
Premios #PontevedraProvincia, Talento Turístico 2018
Data: venres, 21 de setembro de 2018
BASES REGULADORAS
1 Obxecto
A Deputación de Pontevedra organiza os Premios #PontevedraProvincia, Talento Turístico como recoñecemento á innovación e calidade no sector turístico na provincia de Pontevedra.
Mediante as presentes bases regúlase a convocatoria e participación das empresas nos Premios.
2 Categorías de los premios
Establécense as seguintes categorías de participación:
- Talento Turístico Sustentable. Empresas turísticas que promovan unhas políticas sustentables no desenvolvemento do seu servizo turístico.
- Talento Turístico Innovador. Empresas turísticas que integren, dentro dos seus produtos ou servizos turísticos, ferramentas cun impacto relevante (capital humano, procesos, industria, servizos, dixitalización, etc.).
- Talento Gastronómico. Talentos cociñeiros/ as que presenten un proxecto onde se poña en valor a innovación na cociña e o respecto polo produto KM 0 do territorio.
- Talento Experiencial. Acción de promoción turística presentada polos xornalistas, bloggers, influencers, etc., mediante canles ou ferramentas dixitais, que fose exitosa ou viral.
- Talento TIC. Premio á solución máis innovadora desenvolvida por un provedor de ferramentas e servizos TIC especificamente para o sector turístico.
3 Participantes
Poderán presentar candidatura aos premios todas as persoas emprendedoras, autónomas e autónomos e pemes vinculadas á actividade turística, con sede social na provincia de Pontevedra ou que, como mínimo, realicen parte da súa actividade nela.
4 Requisitos a cumprir polas empresas participantes
As empresas deberán satisfacer unha serie de requisitos. O incumprimento de calquera deles supoñerá a denegación da solicitude de participación:
- Os solicitantes terán que ser persoas xurídicas ou físicas maiores de idade.
- Ter o seu domicilio social na provincia de Pontevedra ou realizar parte da súa actividade no devandito ámbito xeográfico.
- Presentar a súa candidatura a unha única categoría.
A participación nos Premios supón a aceptación íntegra destas Bases.
5 Comisión de evaluación
6 Criterios de selección
O Xurado valorará as empresas participantes conforme aos seguintes criterios, sendo algúns comúns a todas as categorías e outros específicos.
- Criterios comúns
o Grao de innovación e calidade dos productos/servicios que ofrecen
o Impacto da empresa, produto ou servizo na sociedade
o Creatividade dos proxectos
o Vinculación coa provincia de Pontevedra
- Criterios específicos Talento Turístico Sustentable
o Misión e políticas corporativas sustentables
o Integración de aspectos ambientais na xestión e estratexia empresarial
o Capacidade de aplicar as boas prácticas desenvolvidas a outras empresas ou organizacións
o Acreditación polo SICTED
- Criterios específicos Talento Turístico Innovador
o Grao de impacto das solucións implantadas
o Vinculación das iniciativas ao incremento de publicidade ou promoción
o Nivel de transformación dixital dos procesos globais da empresa
o Acreditación polo SICTED
- Criterios específicos Talento Gastronómico
o Presenza online propia ou en plataformas específicas do sector
o Emprego de solucións e ferramentas TIC
o Servizos de valor engadido (entrega a domicilio, menús especializados…)
o Acreditación polo SICTED
o Posible cata por parte do xurado
- Criterios específicos Talento Experiencial
o Uso innovador do soporte
o Frecuencia de publicación
o Capacidade de difusión e viralidad
o Capacidade de Influencia e fama
- Criterios específicos Talento TlC
o Nivel de influencia da iniciativa sobre as empresas turísticas
o Resultados obtidos/esperados a medio e longo prazo
o Accesibilidade da solución
7 Participación e prazo de inscripción
Para presentar unha candidatura será necesario cubrir o formulario publicado na páxina web de SmartPeme smartpeme.depo.gal.
8 Premios
9 Aspectos legais
Se desexas participar nos premios
Fonte: SmartPeme