Pontevedra acolle unha xornada centrada na internacionalización do sector turístico galego - Actualidade
Actualidade
« Atrás
Pontevedra acolle unha xornada centrada na internacionalización do sector turístico galego
Data: martes, 18 de decembro de 2018
Clúster Turismo de Galicia e Deputación de Pontevedran volven tender pontes de cooperación para celebrar este mércores, 19 de decembro, unha xornada profesional orientada ao sector turístico galego baixo o título "O reto da internacionalización para o sector turístico" que terá lugar na sede da Deputación provincial, en Pontevedra.
O programa da xornada estrutúrase ao redor dunha única xornada de mañá, que se desenvolverá a través de relatorios e mesas redondas nas que participarán expertos en materia de internacionalización, co fin de ofrecer claves e estratexias de éxito no desafío da comercialización turística a nivel internacional, abordando as dificultades propias que entraña a captación de fluxos turísticos en mercados estranxeiros. En concreto nesta edición das xornadas de internacionalización do Clúster centrarase no mercado alemán e o portugués.
Fonte: Clúster Turismo de Galicia
Rexistro
« | Maio 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Programación con Arduino Módulo II - Parte I15 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, como facer un contrasinal seguro20 de maio de 2024 10:30Máis información
- Programación con Arduino Módulo II - Parte II23 de maio de 2024 10:30Máis información
- Ciberseguridade, Antivirus e actualización do software27 de maio de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento