Motores de reservas - Actualidade
Actualidade
« Atrás
Motores de reservas
Data: xoves, 12 de agosto de 2021
Ter unha boa presenza en liña é clave para que a túa empresa turística sexa atopada na internet. Unha gran parte das viaxes, aloxamentos e servizos de lecer resérvanse en liña na actualidade, polo que as persoas propietarias das empresas turísticas non poden ignorar a necesidade dun motor de reservas en liña integrado na páxina web.
Esta integración na páxina web da nosa empresa fará que o noso negocio turístico aumente a súa visibilidade e éxito na internet. Así atraeremos máis turistas, que poderán reservar antes os nosos apartamentos, habitacións, restaurantes, circuítos e actividades turísticas, coa fiabilidade dunha reserva e unha dispoñibilidade aseguradas. Desta forma, a nosa páxina web será unha plataforma interactiva de vendas para aforrar tempo e incrementar beneficios.
As reservas en liña realízanse principalmente a través de portais das grandes axencias de viaxe en liña, e se non temos un software avanzado estaremos a ceder unha parte das nosas ganancias a intermediarios posto que as persoas usuarias teñen a necesidade de poder reservar e obter confirmación inmediata. Este tipo de ferramenta dixital é clave para aumentar as reservas, as taxas de ocupación e crear unha boa experiencia, o que xera unha maior retención de clientela e maiores ingresos.
Por isto, as persoas xestoras de establecementos turísticos deben considerar a súa implantación para ir un paso por diante da competencia en innovación, seguridade e experiencia de persoa usuaria.
As vantaxes de empregar este tipo de tecnoloxía son:
- Aumento de reservas directas. Un motor de reservas en liña de alto rendemento é fundamental para o éxito a nosa propiedade, facilita a xestión das relacións coa clientela e a implantación de diversos programas de fidelización. Axúdanos a eliminar intermediarios e permite á clientela acudir directamente garantindo un proceso de reserva simple, áxil e rápido a miúdo con vantaxes e descontos que axudan á conversión.
- Mellora da eficiencia. Un sistema de reservas en liña axuda a maximizar as vendas, xa que non limita as horas de atención á clientela. Dado que o sistema funciona as 24 horas e as persoas visitantes da nosa web poden reservar cando o desexen. Habitualmente inclúese no paquete de software xunto co motor de reservas un channel manager ou persoa xestora de canles co que a dispoñibilidade se actualiza inmediatamente en todas as canles. Isto reduce o tempo necesario para as tarefas administrativas, minimiza o risco de overbooking, permite implementar diversas políticas de prezos e estratexias de revenue management. Ademais, moitos sistemas de reservas permiten automatizar tarefas como enviar confirmacións de reserva, check-in, realizar pagos, etc. Automatizar os procesos é a clave para ter unha operativa exitosa e eficiente e que a nosa empresa sexa máis competitiva.
- Obtención de datos da clientela. Un sistema de reservas en liña é unha forma de garantir que a recompilación de datos sexa fácil, pois nos proporciona datos demográficos das persoas hóspedes, que servizos prefiren, de onde veñen, se o fan de forma individual ou en grupo, etc. Isto é clave para implantar diversas estratexias de márketing e mellorar a experiencia xeral da clientela.
Existen no mercado múltiples solucións con opcións adecuadas sexa cal sexa o teu volume de reservas, tipo de negocio, sector de actividade e en Smartpeme podemos asesorarche para que atopes a adecuada para a túa empresa coas funcións que necesitas e o tipo de tarifa máis conveniente.
Sonia Torres Domínguez.
Asesora TurisTIC
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Xuño 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Así funciona WhatsApp Business20 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Social Media Listening: descobre que se di de ti nas RRSS25 de xuño de 2024 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento