Os Reels son máis importantes do que ti cres - Actualidade
Actualidade
Os Reels son máis importantes do que ti cres
Data: venres, 27 de xaneiro de 2023

Neste ano que comezamos, os Reels de Instagram seguirán en tendencia. Hoxe, comentámosche por que.
Temos que admitilo, os Reels chegaron para converterse en formatos de contido moi aditivos. Detrás dun ven outro e así consecutivamente. Tanto é así, que os Reels son o formato con máis engagement de todo Instagram.
Esto que quere dicir?
Segundo Influencer Marketing Hub, os Reels reciben un 22% máis de interacción que o resto dos formatos. As persoas que utilizan Instagram están ata 53 minutos vendo estes pequenos vídeos e ademais, o 50% destas persoas utilizan o explorador de Reels para coñecer novas contas. A finais de 2019, Instagram aumentou nun 4,34% as persoas usuarias que soamente se deron de alta para coñecer este novo formato.
Para deseñar Reels non é necesario facer bailes nin esaxerar obras de teatro. Con desenvolver contido que eduque, informe ou entreteña é suficiente. Eso sí, pensa que ten que ser contido de valor e de interese para as persoas usuarias.
Este pequenos vídeos teñen características propias, como que por exemplo os pode ver calquera persoa independentemente de se te seguen ou non. Aquí o algoritmo de Instagram favorece a aqueles Reels que respondan aos intereses, conversas ou temas en tendencia que tanto as túas persoas seguidoras como a comunidade de Instagram están a demandar no momento actual.
Queres facer Reels de calidade, pois pon moito ollo a estes consellos:
- Presta atención a calidade do teu vídeo e do teu audio
- Non compartas vídeos doutras plataformas ou redes sociais
- Fai uso da música en tendencia
- Utiliza hashtags específicos da túa área temática
- Deseña portadas creativas e atractivas
- Deseña vídeos que sexan breves e relevantes
- Utiliza temas de actualidade como tema
- Entretén a túa comunidade, o humor é clave
- Publica Reels con regularidade (planifica os teus vídeos cun planificador de Social Media)
Se queres editar os teus Reels coma profesionais, aquí che aconsellamos algunhas ferramentas:
- Instagram App (a propia aplicación ofrece gran variedade de opcións para editar)
- Canva (por supusto, a super ferramenta de deseño non podía faltar)
- FilmoraGo
- iMovie
- CapCut
- PicsArt
- Inshot
A presenza en Instagram é fundamental, pero os Reels axudan a transmitir os teus valores de marca, os teus servizos e produtos coa finalidade de atraer a novas persoas á túa comunidade. A que estás esperando?
Fátima Failde
Asesora TIC
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Xullo 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
- Crea a túa páxina web con Elementor07 de xullo de 2025 11:00Máis información
- CRO: consegue que tu web venda (máis)08 de xullo de 2025 11:00Máis información
- Kit Dixital: como sacarlle o máximo proveito10 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Copywriting para web e redes sociais14 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Canva dende cero para impulsar o teu negocio15 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google16 de xullo de 2025 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento