A Deputación de Pontevedra programa para novembro 87 obradoiros de TIC destinados a micropemes e autónomos - Actualidade
Actualidade
A Deputación de Pontevedra programa para novembro 87 obradoiros de TIC destinados a micropemes e autónomos
Data: martes, 04 de novembro de 2014
O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) da Deputación de Pontevedra, que presta asesoramento a pequenas empresas e autónomos da provincia, programa para o mes de novembro 87 obradoiros de capacitación tecnolóxica nos seis puntos CPAE 2.0, situados en Lalín, Cambados, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra e Vigo.
Para este mes a Deputación de Pontevedra programou unha morea de obradoiros nos diferentes puntos do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0), onde se atende ás micropemes e ós autónomos de forma gratuíta, ofrecéndolles un asesoramento TIC especializado, individualizado e continuado. Para isto conta con seis puntos de atención presencial atendidos por asesores TIC especializados e cunha oficina coordinadora á que se derivan as consultas máis complexas e onde se xeran todos os contidos. Os servizos que ofrece a Deputación son os de información, análise e asesoramento sobre o uso das TIC, titorización na incorporación das novas tecnoloxías, capacitación tecnolóxica, demostración de produtos e solucións TIC, acompañamento para o uso do comercio electrónico e a procura de axudas e subvencións no ámbito tecnolóxico.
Para este mes de novembro xa están programados 87 obradoiros, que se realizarán nas aulas de actividades anexas ós despachos de asesoramento, en cada un dous seis puntos CPAE 2.0. Destacan as sesións maxistrais de temática legal sobre cómo xestionar a información nos negocios: a LOPD e a LSSI, que serán impartidas por Cristina Villasante, asociada de PwC Tax & Legal Services, con máis de 9 anos de experiencia laboral, especializada en aspectos relacionados coa propiedade intelectual, o comercio electrónico, o márketing e a publicidade en liña, incluída a actividade comercial de empresas a través de redes sociais.
Ademais haberá un obradoiro en cada punto CPAE 2.0 da provincia sobre certificados dixitais, sinatura electrónica e DNI electrónico, que impartirá Jorge Pasamón, sénior manager de PwC Auditores, con máis de 12 anos de experiencia, especializado en diversos ámbitos de seguridade informática e tecnoloxía.
Como sinalan desde o Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra, neles falarase tamén, dunha forma práctica, sobre márketing en liña para favorecer o aumento das vendas de autónomos e pequenas empresas, aplicacións empresariais esenciais para pemes e profesionais autónomos, redes sociais para a venda e a atención ós clientes, presenza en liña, recomendación e manexo de aplicacións básicas como correo electrónico, entre outras; cómo utilizar de maneira eficiente Google, Google apps for Business, recursos e ferramentas para os negocios, almacenamento na nube, comercio electrónico para micropemes e aplicacións móbiles para as micropemes.
Neste mes tamén haberá sesións técnicas de presentación do Centro de Comercio Virtual da provincia de Pontevedra, que é outra das iniciativas que a institución provincial porá en marcha antes do Nadal. Esta é unha nova canle de venda en liña na que, de balde, os produtores ou empresas de servizos poderán poñer á venda os seus produtos e servizos, coa posibilidade de se beneficiaren deste gran escaparate e do gran número de accións de márketing que están previstas. Con esta iniciativa preténdese favorecer a competitividade do tecido empresarial da provincia, creándose ademais novos postos de traballo no ámbito do comercio electrónico, moi favorable na actualidade.
Finalmente cómpre salientar que desde o Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 estase apoiando o proxecto "Smart Destination. A orixe do teu destino", impulsado pola Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Turismo Rías Baixas, xunto co Servizo de Novas Tecnoloxías, en colaboración coa Escola de Organización Industrial (organismo que depende do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo). Este proxecto nace coa finalidade de facer da provincia de Pontevedra o primeiro destino turístico intelixente do país. Así, na primeira quincena de novembro terán lugar un total de 29 sesións de formación para os profesionais de turismo sobre a plataforma Smart Destination nos seis puntos CPAE 2.0 repartidos por toda a provincia.
Eventos en novembro nos CPAE 2.0
CPAE 2.0 de Cambados
4 de novembro | De 11:00 a 13:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
4 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Aplicacións móbiles para as micropemes |
4 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
6 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
6 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
10 de novembro | De 11:00 a 13:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
10 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
12 de novembro | De 11:00 a 13:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
12 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
12 de novembro | De 19:00 a 21:00 h | Cómo xestionar a información no teu negocio: a LOPD e a LSSI |
13 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
14 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio |
18 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Aplicacións móbiles para as micropemes |
19 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
25 de novembro | De 19:00 a 21:00 h | Certificados dixitais, sinatura electrónica e DNI |
26 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
29 de novembro | De 11:00 a 13:00 h | Redes sociais para a venda e para a atención ós clientes |
CPAE 2.0 de Lalín
5 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio |
5 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
6 de novembro | De 11:00 a 13:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
6 de novembro | De 19:00 a 21:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
10 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Redes sociais: primeiros pasos |
10 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
11 de novembro | De 11:00 a 13:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
12 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Cómo xestionar a información no teu negocio: a LOPD e a LSSI |
13 de novembro | De 11:00 a 13:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
13 de novembro | De 19:00 a 21:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
20 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
21 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Cómo utilizar de maneira eficiente Google, Google apps for Work |
25 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Certificados dixitais, sinatura electrónica e DNI |
27 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
29 de novembro | De 11:00 a 13:00 h | Redes sociais: primeiros pasos |
CPAE 2.0 do Porriño
4 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
5 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio |
10 de novembro | De 19:00 a 21:00 h | Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio |
11 de novembro | De 19:00 a 21:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
13 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Cómo xestionar a información no teu negocio: a LOPD e a LSSI |
18 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
20 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio |
26 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Certificados dixitais, sinatura electrónica e DNI |
27 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
29 de novembro | De 11:00 a 13:00 h | Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio |
CPAE 2.0 de Ponteareas
3 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
4 de novembro | De 19:00 a 21:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
6 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Comercio electrónico para micropemes |
10 de novembro | De 11:00 a 13:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
11 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
11 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
12 de novembro | De 19:00 a 21:00 h | Cómo utilizar de maneira eficiente Google, Google apps for Work |
13 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Cómo xestionar a información no teu negocio: a LOPD e a LSSI |
13 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
18 de novembro | De 19:00 a 21:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
19 de novembro | De 19:00 a 21:00 h | Cómo utilizar de maneira eficiente Google, Google apps for Work |
25 de novembro | De 19:00 a 21:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
26 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Certificados dixitais, sinatura electrónica e DNI |
29 de novembro | De 11:00 a 13:00 h | Comercio electrónico para micropemes |
CPAE 2.0 de Pontevedra
3 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
4 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
4 de novembro | De 19:00 a 21:00 h | Presenza en liña: Iniciación ó marketing dixital |
5 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
6 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
11 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Cómo xestionar a información no teu negocio: a LOPD e a LSSI |
11 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
12 de novembro | De 11:00 a 13:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
13 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
15 de novembro | De 11:00 a 13:00 h | Cómo utilizar de maneira eficiente Google, Google apps for Work |
18 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Redes sociais: primeiros pasos |
24 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Certificados dixitais, sinatura electrónica e DNI |
25 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
28 de novembro | De 19:00 a 21:00 h | Presenza en liña: Iniciación ó márketing dixital |
CPAE 2.0 de Vigo
3 de novembro | De 11:00 a 13:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
4 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Aplicacións empresariais esenciais |
5 de novembro | De 11:00 a 13:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
5 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
5 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
11 de novembro | De 11:00 a 13:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
11 de novembro | De 19:00 a 21:00 h | Cómo xestionar a información no teu negocio: a LOPD e a LSSI |
12 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
12 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
13 de novembro | De 11:00 a 13:00 h | Formación da plataforma Smart Destination Rías Baixas |
15 de novembro | De 11:00 a 13:00 h | Aplicacións empresariais esenciais |
19 de novembro | De 17:00 a 19:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
20 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Aplicacións empresariais esenciais |
24 de novembro | De 19:00 a 21:00 h | Certificados dixitais, sinatura electrónica e DNI |
26 de novembro | De 13:00 a 15:00 h | Sesión informativa: Centro de Comercio Virtual |
28 de novembro | De 19:00 a 21:00 h | Aplicacións empresariais esenciais |
Fonte: Diputación de Pontevedra