II Gala de Emprendemento - Actualidade
Actualidade
« Atrás
II Gala de Emprendemento
Data: venres, 26 de abril de 2024
Por segundo ano, a Deputación de Pontevedra organiza a través de SmartPeme a II Gala de Premios de Emprendemento. Unha xornada que pon punto final a un itinerario de actividades complementarias ligadas ao emprendemento que se levaron a cabo ao longo deste último ano.
Esta xornada levarase a cabo en formato mixto, é dicir, de maneira presencial, pero con retransmisión telemática a través da canle de Youtube da Deputación de Pontevedra.
O evento terá lugar o vindeiro xoves 9 de maio no Salón de Plenos-do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra (Avda. Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra). Comezará ás 19:00 horas (ás 18:30 horas realizarase a recepción das persoas asistentes) coa apertura institucional e finalizará ás 20:45 horas cun petisco networking.
A continuación, indicámosvos o programa da xornada:
- 18:30 Recepción de persoas asistentes
- 19:00 Apertura da Gala con presencia Institucional
- 19:15 Relatorio de emprendemento
- 20:00 Entrega dos premios
- 20:30 Peche da gala con presencia Institucional
- 20:45 Petisco networking
Esperámoste! Non esquezas inscibirte facendo clic aquí.
Fonte: SmartPeme