Emprende chanzo a chanzo este mes de xuño no Viveiro de Empresas de Lalín - Actualidade
Actualidade
Emprende chanzo a chanzo este mes de xuño no Viveiro de Empresas de Lalín
Data: luns, 10 de xuño de 2019

Xuño comeza cargado de actividades que se enmarcan dentro da programación especial "Emprender chanzo a chanzo" no Viveiro de Empresas de Lalín. Dúas xornadas pensadas para aquelas persoas que están a emprender, que xa emprenderon e necesitan remodelar a súa idea de negocio ou simplemente para aquelas que queren compartir as súas experiencias con outros emprendedores e emprendedoras da comarca.
A primeira xornada chamada "Chanzo A Equilibradora" está pensada para crear e desenvolver ideas de negocio, ideal para persoas que estén en fases iniciais do seu proxecto de empresa. Entre os obxectivos que se queren acadar nesta sesión están:
- Pensar e deseñar negocios sostibles no económico, no social e no ambiental
- Facilitar ferramentas relacionadas coa viabilidade persoal (reflexións sobre as habilidades emprendedoras e sobre os motivos para emprender) e acadar unha primeira visión do modelo de negocio traballando nun contexto sostible e responsable
- Cando? Xoves 13 de xuño, de 9:30 a 14:30h (inclúe o momento de petiscos)
A segunda xornada, "Chanzo redefine o teu negocio", estará dirixida a persoas que xa teñen un negocio en marcha e queiran availar ou darlle un novo enfoque ao mesmo. Entre os obxectivos que se poderán fixar nesta sesión son:
- Analizar e diagnosticar a situación actual do teu negocio e empresa
- Facilitar ferramentas relacionadas coa análise e diagnóstico da situación da empresa e de como elaborar un plan de acción
- Definir obxectivos, estratexia e plan de acción
- Cando? Mércores 19 de xuño, de 20:00 a 22:00h (inclúe o momento de petiscos)
Para poder inscribirse en calquera destas dúas xornadas formativas, eisó compre facelo a través do seguinte mail: eliana.bouzas@depo.gal ou nos teléfonos 686 540 897 e 886 217 360
SmartPeme
Fonte: SmartPeme
Rexistro
« | Xuño 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
- Bizum: a evolución dos pagos dixitais16 de xuño de 2025 11:00Máis información
- Pinterest para e-commerce17 de xuño de 2025 12:00Máis información
- Growth Márketing: estratexias para un crecemento sostible do teu negocio17 de xuño de 2025 17:00Máis información
- Creación e análise dunha base de datos de aloxamentos18 de xuño de 2025 16:30Máis información
- Deseño 3D online con OnShape 1, xestión documental e primer deseño19 de xuño de 2025 12:00Máis información
- Crea vídeos de alto impacto só co teu Smartphone19 de xuño de 2025 17:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento