O asesoramento tecnolóxico da man de SmartPeme - Actualidade
Actualidade
O asesoramento tecnolóxico da man de SmartPeme
Data: venres, 21 de xullo de 2017

O proxecto da Deputación de Pontevedra, SmartPeme, creado para dar información e asesoramento aos autónomos e autónomas, ás PEMES e ás persoas emprendedoras da provincia en materia de novas tecnoloxías e desenvolvemento TIC, continúa a senda de crecemento do primeiro trimestre e alcanza novas cotas de éxito nesta primeira metade do ano.
A rede SmartPeme está a cumprir os obxectivos marcados para o primeiro semestre do 2017: ensinar aos colectivos empresariais a ter maior presenza online, xestionar mellor a información e ser máis competitivos no medio online. A transformación dixital é un requisito indispensable para aumentar as vendas e a produtividade en calquera sector.
Comparando a información deste primeiro semestre coa do ano anterior, obsérvase o crecente interese do tecido empresarial neste servizo. O número de eventos realizados aumentou de 173 a 188 e o número de asistentes creceu un 54%, alcanzando os 1.731 asistentes, respecto dos 1.120 rexistrados na primeira metade do 2016.
Doutra banda, as cifras de asesoramentos a empresas mostran tamén uns resultados moi favorables. No que vai de ano atendéronse 806 consultas fronte ás 616 correspondentes ao mesmo período do ano anterior, o que representa un incremento do 31 % nesta primeira metade do 2017.
Estes datos reflicten que a actividade de SmartPeme vai en aumento e que o tecido empresarial pontevedrés é consciente da utilidade destes servizos, ademais, SmartPeme segue en continua colaboración, con diferentes asociacións e colectivos, para chegar ao maior número posible de empresas e potenciar o seu desenvolvemento económico a través da tecnoloxía.
Se se desexa obter máis información sobre SmartPeme ou solicitar asesoramento, contacte connosco no 886 20 20 20, ou en http://www.smartpeme.depo.es/ .
Fonte: SmartPeme
Rexistro
| « | Novembro 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | |||||
| 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
| 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
| 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Como empregar a IA para facer SEO03 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Ciberseguridade sen complicacións: protexe o teu día a día04 de novembro de 2025 11:00Máis información
- Copywriting I - Redes Sociais05 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Optimiza a túa estratexia de email márketing con Benchmark Email06 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Organiza, planifica e programa os teus proxectos I - Coñece Metricool10 de novembro de 2025 12:00Máis información
- Deseño 3D para PYMEs: transforma o teu negocio dende dentro11 de novembro de 2025 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento