DHL lanza as súas novas guías de comercio electrónico e reforza o seu apoio ás empresas exportadoras - Actualidade
Actualidade
DHL lanza as súas novas guías de comercio electrónico e reforza o seu apoio ás empresas exportadoras
Data: xoves, 19 de maio de 2016
DHL lanzará as súas guías sobre comercio electrónico, con dez capítulos en función dos destinos principais de venda en liña para empresas españolas. A estrutura de todas as guías será idéntica pero incluiranse os datos específicos para cada país de destino.
Grazas a estas dez guías as tendas españolas poden acceder a información xeral sobre os hábitos das persoas compradoras e o grao de penetración, uso de internet e do comercio electrónico de cada país. Ademais contan con información detallada por país, con datos sobre o perfil das persoas compradoras, as preferencias á hora de escoller unha ou outra páxina web onde comprar, métodos de pagamento preferidos, métodos de entrega máis utilizados e comportamentos nas devolucións.
Fonte: El Economista