Almorzo networking con Enrique Dans - Actualidade
Actualidade
« Atrás
Almorzo networking con Enrique Dans
Data: luns, 12 de xuño de 2017
Nos últimos anos estamos a asistir a toda unha revolución social e económica, apoiada fundamentalmente nas novas tecnoloxías. A aparición das redes sociais a comezos do século XXI e a consolidación das iniciativas de economía colaborativa, como AirBnB ou Bla Bla Car, son algúns dos fitos dun cambio en todos os ámbitos da sociedade.
Todas estas iniciativas que están a cambiar o mundo teñen nomes e apelidos tras elas: Mark Zuckerberg, Jeff Bezos, Travis Kalanik, Larry Page… o que demostra en que medida son as ideas, apoiadas pola tecnoloxía, as que están a impulsar este cambio.
Se hai algo que nos interesa en SmartPeme é a aplicación que teñen as novas tecnoloxías no ámbito empresarial. Por iso, convidámoste a coñecer da man dun experto como están a ser aproveitadas para os negocios e cales serán as grandes tendencias para o próximo lustro.
O luns 26 de xuño, no auditorio do antigo Reitorado da Universidade de Vigo, teremos a oportunidade de contar con Enrique Dans, experto en innovación e tecnoloxía, profesor de Sistemas de Información na IE Business School, asesor de empresas e de consellos de administración e influente blogger. Nesta ocasión Enrique daranos a súa visión estratéxica sobre a importancia da adaptación e sobre o cambio que o uso das novas tecnoloxías supón para as empresas.
O evento contará coa participación da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, e do deputado de Promoción e Innovación Económica, Francisco Javier Dios Pomares.
A continuación facilitámosvos os detalles do evento. Podedes confirmar a vosa asistencia no seguinte formulario ou ben por teléfono no 886 202 020.
Orde do día:
- 09:30 h Mesa de acreditacións para o almorzo
- 09:45 h Apertura e presentación dos novos servizos SmartPeme Pontevedra a cargo de Carmela Silva Rego e Francisco Javier Dios Pomares
- 10:15 h "Transformación dixital: As ideas que están a cambiar o mundo" por Enrique Dans
- 12:00 h Café networking para as persoas asistentes
Localización: rúa do Areal, 46, Vigo (Pontevedra)
Fonte: SmartPeme