Actualidade

Como crear un buyer persoa para chegar correctamente aos teus clientes

Data:  xoves, 08 de agosto de 2019

 
Un buyer persoa é unha representación do que podería ser o cliente ideal para a túa empresa. Para definilo, teremos que, ademais de definir a súa demografía, establecer tamén o seu perfil psicolóxico e social: motivacións, retos, obxectivos, necesidades… É importante ter en conta, que este perfil non ten porqué parecerse a ti nin ao teu equipo.
 
Para definir este buyer persoa poderemos recorrer á realización de entrevistas aos teus clientes actuais ou leads potenciais (o lead ou rexistro é unha oportunidade de venda, un usuario que nos proporcionou os seus datos a través dun formulario e que pasa a formar parte da nosa base de datos, e que, por tanto, aceptou as nosas políticas de privacidade). A clave de todo este proceso recae nun único factor: a investigación exhaustiva, polo cal o primeiro que debemos facer son as preguntas adecuadas en relación á información que necesitamos.
 
Quen? En primeiro lugar, definiremos a demografía do buyer persoa: situación laboral e familiar, información demográfica (idade, salario, lugar de residencia e xénero) e identificadores (como é a súa personalidade e cales son os seus métodos de contacto preferidos).
 
Que? No "que" definiremos os obxectivos primarios e secundarios e os restos deste perfil, indicando como a partir deles, pode axudar á túa empresa. Por exemplo, se ofreces os servizos dun ximnasio, o obxectivo do buyer persoa podería ser "quere manterse en forma e levar unha rutina deportiva".
 
Por que? Aquí poderemos utilizar os comentarios que recibamos nas entrevistas sobre retos, obxectivos, queixas e obxeccións.
 
Como? Será importante definir como nos imos a dirixir aos nosos clientes, definindo as mensaxes de márketing e vendas adecuados para chegar a eles, ao comprender xa as súas necesidades.
 
Estas preguntas á hora de encher o noso CANVAS, permitirannos entender mellor as motivacións dos nosos clientes e aplicar un mapa de empatía, e permitiranos aplicar isto á estratexia orientada a todos aqueles perfís que se identifiquen con esa ficha de buyer persoa, e á que pretendemos satisfacer os seus desexos e necesidades.
 
Finalmente, cabe mencionar que o Inbound Marketing baséase en acompañar aos usuarios a través das diferentes fases do embude de conversión, buscando atraerlles de maneira natural cara á nosa marca. Dentro do embude de conversión dispoñemos de tres etapas: TOFU (a primeira toma de contacto), MOFU (cando o usuario está a valorar diferentes opcións) e BOFU (o peche definitivo da venda).
 
Esta tendencia do Inbound Marketing irá da man das novas tendencias de comportamento dos usuarios en canto a canles e formatos, por exemplo o vídeo, as  Redes Sociais ou as  Apps de mensaxería.
 
Jose Luis Taboada
Asesor TIC
 

Fonte:  SmartPeme



« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento