Eventos

Buscador

    a
Con este obradoiro axudámosche á hora de elixir e contratar un dominio e aloxamento para a túa web. É importante saber que nome ten que darlle á súa páxina para sacarlle o máximo partido. Saber elixir un aloxamento que se axuste ás súas necesidades, capacidade de espazo, velocidade, seguridade, servizo técnico, prezos e outros, son importantes detalles que hai que ter moi en conta á hora de elixir entre as distintas empresas provedoras destes servizos.

Índice de contidos

- Que é un dominio e tipos de dominio
- Consellos para elixir un nome de dominio, recomendacións
- Como varían os prezos á hora de ter un tipo de dominio ou outros?
- Pasos a realizar para a contratación dun dominio
- Que é un Aloxamento e tipos de aloxamentos
- Características que pode ofrecernos un aloxamento
- Exemplos de empresas provedoras de aloxamento
- Pasos a realizar para a contratación dun aloxamento

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.

As estratexias do marketing turístico están a evolucionar rápidamente nos últimos anos e as pymes turísticas teñen por diante un gran reto para non quedarse atrás.

Estar ao tanto das estratexias e tendencias no marketing e no turismo é preciso para triunfar nun sector tan dinámico. Conocer sus claves actuales es imprescindible para obter unha vantaxe competitiva e optimizar os recursos cós que nos promocionamos.

Índice de contidos:
. Introdución.
. Novas tendencias no sector turístico
. Estratexias de marketing para aumentar a túa visibilidade.
. Consellos e recomendacións para mellorar os resultados.

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola  Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola  Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.

Neste obradoiro mostrarase as múltiples ferramentas que ten Facebook para empresas, ensinarase a como utilizalas para darnos a coñecer e para conseguir máis clientes.

Índice de contidos:
- Por que usar Facebook para a miña empresa?
- Crea unha páxina para a túa empresa 
- Aumenta os seguidores da túa páxina de empresa
- Descobre os beneficios de Facebook  Ads
- Estas son as ferramentas de axuda de Facebook

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.

Calendario eventos

« Outubro 2018 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31