Eventos

Buscador

    a
Esferas
Cilindros
Conos
Touros
Arrays
Exercicios Prácticos

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Desde a súa popularización, o fin último das redes sociais non foi a venda directa, senón o “social  selling”. É dicir, a súa utilización por parte de negocios ou profesionais consistía en conectar e fomentar conversacións con posibles clientes e clientes, co fin de establecer unha relación de confianza e acompañalos no proceso de compra. 
Pero, e se unha vez afianzada esta relación de confianza, sen saír da rede social, permitimos que os nosos clientes dispoñan do noso catálogo de produtos para a súa compra (case) directa? Dous das redes con máis usuarios activos na actualidade, Facebook e  Instagram, xa o permiten, e neste taller veremos os requisitos, configuración e estratexias para implementar o noso catálogo de produtos en Facebook e poder compralo directamente desde as nosas publicacións en Facebook  e  Instagram.

Índice de contidos

- Introdución: As  RRSS como ferramenta de venda directa
- Crea a túa tenda en Facebook
- Vende a través de  Instagram
- Exemplos de éxito

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Facebook é unha importante ferramenta de comunicación directa cos clientes potenciais e clientes. 

Implementando unha boa estratexia de márketing poderás atraer a un público máis cualificado e alongar a súa experiencia coa túa marca unha vez acabasen a súa viaxe, o que che permitirá acceder a máis segmento de mercado.

Grazas á cantidade de información que ten dos seus usuarios, Facebook permite ás empresas turísticas dispoñer de información valiosa sobre os intereses e preferencias dos viaxeiros e mesmo dos lugares aos que viaxaron. 

Índice de contidos:
- Introdución. 
- Guía rápida de creación da túa conta en Facebook para empresas.
- Estratexias de márketing para aumentar a túa visibilidade.
- Publicidade en Facebook: Facebook ads e “Suxestións de Viaxe”. 

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola  Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola  Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.

OBXECTIVO
Desde os últimos anos en España a venda online do sector textil e en xeral do sector moda (calzado, joyería/bisutería, accesorios) veu crecendo a un paso acelerado. Isto trouxo como consecuencia que o cliente está máis maduro, sabe cando e en que momento benefícialle realizar unha compra online no canto dunha compra tradicional no comercio offline. Aquí entra en xogo a fotografía e últimamente o vídeo do produto, sendo as ferramentas que temos ao alcance para poder ofrecer información visual aos clientes potenciais. 
Hai que concienciarse de que unha parte importante á hora de montar unha tenda online debe ser destinado á fotografía e/ou vídeo de produto, xa sexa en tempo e/ou investimento. 
Por iso neste taller práctico aprenderás as cuestións básicas da túa cámara para que poidas obter as fotos que ti queres e non as que ela faga por si soa. Coñecerás que tipo de iluminación podes usar para fotografar os produtos e como preparar a foto para subila a redes sociais ou a unha páxina web. 


CONTIDO
•	Introdución
•	Coñeces a túa cámara? Simulador virtual de cámara.
•	Equipo necesario: iluminación, fondo, e/ou cubo de luz.
•	Técnicas de fotografía no sector Moda.
•	Para a práctica tomar en conta o seguinte:
o	É indispensable o uso dunha cámara digital que teña o modo manual. 
Cada participante pode traer unha peza, xa sexa roupa (coa súa percha) ou calzado. Si alguén quere levar un maniquí tamén é aceptable.
o	En caso de non dispoñer de cámara digital pódese aceptar o uso do móbil, a condición de que a cámara deste sexa de máis de 10 megapíxeles. E haberse descargado a aplicación Camera Zoon FX (para Android) ou Camera (para iOS).
o	Edición e preparación da foto para subila a internet.

O obradoiro será impartido por Uxía Alvarez fotógrafa e xestora de redes sociais, especializada en fotografía de produto, estilismo fotográfico e fotografía enfocada a redes sociais.
Con este taller axudámosche á hora de elixir e contratar un dominio e aloxamento para a túa web. É importante saber que nome ten que darlle á súa páxina para sacarlle o máximo partido. Saber elixir un aloxamento que se axuste ás súas necesidades, capacidade de espazo, velocidade, seguridade, servizo técnico, prezos e outros, son importantes detalles que hai que ter moi en conta á hora de elixir entre as distintas empresas provedoras destes servizos.

Índice de contidos:
- Que é un dominio e tipos de dominio
- Consellos para elixir un nome de dominio, recomendacións
- Como varían os prezos á hora de ter un tipo de dominio ou outros?
- Pasos a realizar para a contratación dun dominio
- Que é un Aloxamento e tipos de aloxamentos
- Características que pode ofrecernos un aloxamento
- Exemplos de empresas provedoras de aloxamento
- Pasos a realizar para a contratación dun aloxamento

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.

Calendario eventos

« Outubro 2018 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento