Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

O ser humano é visual por natureza, por iso o traballar os deseños e as imaxes que imos compartir na nosa contorna dixital, e de maneira física é moi importante.

Un bo deseño diferéncianos do resto, transmite ideas e envía mensaxes. Neste taller veremos diferentes aspectos sobre composición e deseño, ademais de diferenzas entre as imaxes que se subirán a contornas dixitais, ou as imaxes que usaremos para un acabado de impresión.

(Realizarase práctica, sería recomendable traer computador propio para a edición de imaxes).

1. Sen experiencia no deseño? non hai problema.
2. Composición: Principios fundamentais.
3. Regras básicas do deseño gráfico.
4. Elementos para compoñer deseños e imaxes
5. Axustes e termos de imaxes.
6. Imaxes para medios dixitais
7. Imaxes preimpresión
8. Práctica.

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa

Calendario eventos

« Xullo 2022 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31