Eventos

Buscador

    a
07/05/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Linkedin é unha das mellores e máis valoradas redes sociais por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede profesional de contactos.
Destinado a fortalecer e ampliar as túas conexións profesionais e empresariais, Linkedin está situado nunha das principais redes sociais que toda empresa debería xestionar.
Por iso, este obradoiro pretende coñecer a rede social, coñecer o seu funcionamento e así poder sacarlle o máximo proveito.

Índice de contidos:

1. Introdución a Linkedin
2. Perfil profesional
3. Xeración dunha Rede de contactos
4. Páxina da empresa
5. Promove os teus produtos e/ou servizos
6. SEO para Linkedin

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 5 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.

Calendario eventos

« Maio 2025 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31