Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

A analítica web resulta fundamental á hora de coñecer que sucede no noso sitio web e se está aliñado cos nosos obxectivos de negocio. As ferramentas de analítica permiten descubrir que fai un usuario desde que entra na nosa web ata que a abandona. Neste taller veremos como utilizar a nova ferramenta Google Analytics para medir o comportamento dos usuarios e transformar os datos do noso sitio web en coñecemento para tomar mellores decisións de negocio.

Índice:
1. Importancia da analítica web
2. Google Analytics: como funciona e implementación
3. Informes de Google Analytics 
4. Definición de obxectivos
5. Métricas e KPI's para a toma de decisións

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.

Calendario eventos

« Maio 2025 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento