Eventos

Buscador

    a
A imaxe que damos co noso Instagram é moi importante e temos múltiples posibilidades para construír o noso feed persoal ou empresarial ou de proxecto.

Neste taller veremos diferentes ferramentas para conseguir resultados diferentes para as nosas imaxes de perfil, veremos tamén consellos para aumentar a nosa interactividade a través de historias e accións, deste xeito conseguindo que Instagram mostre os nosos contidos a máis xente.

Veremos diferentes ideas que despois poderás aplicar ao teu propio Instagram.

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa
Obradoiro no que coñeceremos en profundidade Pinterest, unha rede social na que a imaxe o é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Aprenderemos a sacarlle o máximo partido e como implementala na nosa estratexia de social media.

Índice de contidos:
• Introdución
• Como crear unha conta en Pinterest
• Primeiros pasos
• Taboleiros
• Que é e como se engade un pin?
• Pinterest para negocios
• Recomendacións

O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.