Eventos
Eventos
Buscador
15/03/2023 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Dentro deste itinerario sobre “Email Márketing”, afondaremos nunha das ferramentas máis coñecidas e prestixiosas, Mailchimp. No Obradoiro coñeceremos todo o que a parte gratuita nos pode ofrecer, faremos un recorrido sinxelo polas súas seccións e tentaremos de crear unha campaña de email márketing. Aprendemos a crear listas das nosas bases de datos, deseñar e construir un formulario de subscrición e tamén faremos unha newsletter con todos os pasos necesarios. Non remataremos este Obradoiro sen pasar por alto información práctica que axudará a optimizar as campañas de emailing. Índice: 1 Que é Mailchimp 2 Como crear un formulario de subscrición 3 Como deseñar unha campaña de email márketing 4 Información práctica. O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
15/03/2023 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Tes un negocio turístico con web? Queres darlle un impulso para que máis clientes atópenche? A solución é crear un blog turístico dentro da túa web. Poucos blogs interesan máis que os turísticos, aproveita ese interese para captar clientes cara á túa web. Neste obradoiro aprenderemos: 1. Beneficios de implementar un blog 2. Como crear un blog turístico desde cero 3. Ideas para escribir posts no meu blog turístico 4. Aspectos a ter en conta para escribir no teu blog O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital.
Rexistro
Calendario eventos
« | Marzo 2023 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- ChatBot, a automatización da atención ao cliente19 de setembro de 2024 11:00Máis información
- Primeiros pasos coa Administración Electrónica30 de setembro de 2024 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento