Eventos
Eventos
Buscador
08/02/2023 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Obradoiro no que coñeceremos en profundidade Pinterest, unha rede social na que a imaxe o é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Aprenderemos a sacarlle o máximo partido e como implementala na nosa estratexia de social media. Índice de contidos: • Introdución • Como crear unha conta en Pinterest • Primeiros pasos • Taboleiros • Que é e como se engade un pin? • Pinterest para negocios • Recomendacións O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
08/02/2023 17:00
YouTube é o segundo sitio web máis visitado do mundo, con case 2 mil millóns de usuarios activos mensuais. En todo caso, é necesario saber que as comunidades de YouTube son leais: cada persoas que se subscribe conta e forma parte do teu público obxectivo. Por iso, se estás pensando en crear a túa canle de YouTube ou necesitas optimizala, este taller darache as claves para poder promovela e así aumentar as túas reproduccións. Que aprenderás? 1. Acadar máis visualizacións dos teus vídeos 2. Acadar máis subscriptores 3. Tips e consellos para a túa canle O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa Inscricións a través da seguinte ligazón: