Eventos

Buscador

    a
Las novas tecnoloxías están a cambiar de forma moi rápida os métodos de produción tradicionais, un conxunto destas novas tecnoloxías é o que se coñece como Fabricación Dixital.

Índice de contidos:

Planificación proxecto persoal, debuxo, laminación e impresión 3D dunha peza de libre elección.
FreeCad II:
Diferencias
Cilindros
Arrays, ortogonal e polar
Redondeos, chaflanes e reforzos
Exercicios
Impresión 3D II:
Software de laminación CURA
Impresión práctica


O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
En numerosas ocasións os emprendedores e empresas consolidadas lánzanse a realizar accións de márketing online, sen ter un plan de márketing dixital previo: publicar calquera contido e en calquera momento en redes sociais, crear un artigo no blogue sen realizar un estudo previo da temática, facer publicidade sen un obxectivo claro… A consecuencia: o fracaso das súas campañas dixitais.

Un Plan de Márketing Dixital é esencial para que unha empresa teña éxito na contorna online. Neste taller entenderemos que é un plan de márketing dixital, para que serve e como crear o noso paso a paso cun exemplo real.

Contidos:
• Que é un Plan de Márketing Dixital
• Por que o necesito? Beneficios
• Pasos para crear o teu Plan de Márketing Dixital

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
O obxectivo deste taller será optimizar e profesionalizar a túa páxina de Facebook como os profesionais. É recomendable ter unha páxina creada xa que, a partir dela, profundaremos nos temas clave nos que debemos traballar para que teña maior visibilidade

1) Alcance en Facebook: Que é e como melloralo
2) Píxel de Facebook.
3) Facebook Messenger e BOT de Messenger
4) Botón de WhatsApp en Facebook
5) Mellores ferramentas para crear imaxes en Redes Sociais
6) Insignias e verificación
7) Crear sorteos e concursos con Facebook

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa
Este obradoiro, dirixido a pemes, autónomos e emprendedores, ten como obxectivo introducir ós asistentes na metodoloxía Design Thinking de forma práctica e dirixida a facer cambios e melloras reais nos seus procesos e servizos de cara a darlle un novo pulo o seu negocio. Tamén trataranse técnicas útiles e exemplos prácticos en pemes e autónomos. Non son necesarios coñecementos previos.

Contidos:
• Que é o Design Thinking
• Beneficios do Design Thinking para pemes e autónomos.
• Técnicas mais útiles e recomendadas.
• Como aplico a metodoloxía no meu negocio.
• Exemplos prácticos.

O obradoiro será impartido por Xosé Comesaña, consultor e deseñador con mestrados en comunicación e marketing e con máis de 15 anos de experiencia dirixindo proxectos para clientes como PSA Peugeot-Citroën, Pescanova, Cortefiel...e moitas outras pemes e autónomos
Neste obradoiro aprenderemos a utilizar unha cámara réflex no seu modo manual, sacarlle o maior rendemento dependendo da luz externa que teñamos ou que podamos conseguir no momento de fotografar.
Coñecementos básicos para comezar coa nosa cámara, poderás traer a túa propia cámara para probar diferentes modos, os parámetros e facer probas no momento de realizar o taller.

Levar cámara réflex, se posúen unha, para realizar algunha práctica que poida xurdir no taller.

ÍNDICE
1. Partes dunha cámara réflex.
2. Exposición e fotómetro da cámara.
3. Parámetros manuais da cámara.
4. Modos principais e as súas funcións: P-A- S-M.
5. Opcións do obxectivo: ZOOM, AF – MF.
6. Obxectivos e as súas especificacións.
7. Resultados segundo a luz exterior.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.