Eventos
Eventos
Buscador
12/09/2022 10:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Iniciamos unha nova serie de talleres de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva. “Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na internet”, o obxectivo deste taller é dar a coñecer ao asistente dos riscos aos que estamos expostos ao navegar por internet, a dixitalización, a crise sanitaria, a actual guerra son o campo de batalla perfecto para que os ciberdelincuentes despreguen todo o seu potencial delituoso e debemos de ser coñecedores deste tipo de riscos. Índice de contido - Ciberataques, que é un ciberataque. - Mapa mundial de ciberataques en tempo real. - Obxectivos dos ciberdelincuentes. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.